Saltar ao contido

John Devoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Devoy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ga) Seán Ó Dubhuí Editar o valor en Wikidata
3 de setembro de 1842 Editar o valor en Wikidata
Kill, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 1928 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Glasnevin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

WikiTree: Devoy-67 Find a Grave: 5746943 Editar o valor en Wikidata

John Devoy (en inglés) ou Seán Ó Dubhuí (en irlandés), nado en Kill, condado de Kildare (Irlanda) en 1842 e finado en Nova York (Estados Unidos) o 29 de setembro de 1928, foi un revolucionario feniano irlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1858 uniuse á Irmandade Republicana Irlandesa. En 1865 organizou a fuga da prisión de James Stephens e en 1866 foi condenado a 15 anos de prisión por tentar recrutar fenianos entre os soldados ingleses. Debido aos numerosos motíns que organizou en diversas prisións británicas, foi deportado en 1871.

En 1871 emigrou aos Estados Unidos, onde organizou o Clan na Gael, sendo tamén redactor do New York Herald. En 1875 organizou a fuga de seis fenianos da prisión de Fremantle, en Australia Occidental, a bordo do buque Catalpa. En 1879 viaxou a Irlanda, onde se encontrou con Charles Kickham, John O'Leary e Michael Davitt, dando soporte dende 1880 á campaña da Guerra da Terra dirixida por Charles Steward Parnell.

A pesar do seu escepticismo, deu soporte económico aos Voluntarios Irlandeses dende 1914, grazas á petición de Patrick Pearse, así como á visita a Alemaña de Roger Casement. Tamén deu soporte económico ao Alzamento de Pascua de 1916, a pesar de ter moi pouco protagonismo. En 1919 volveu visitar Irlanda convidado polo Dáil Éireann, e en 1921 deu soporte ao Tratado Anglo-Irlandés. Morreu na pobreza en Nova York.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Devoy, John. John Devoy's Catalpa Expedition (ISBN 0-8147-2748-4)
  • Devoy, John. 1929. Recollections of an Irish rebel. Nova York: Chase D. Young Company.
  • Irish Rebel: John Devoy and America's Fight for Ireland's Freedom, by Terry Golway, St. Martin's Griffin, 1999 (ISBN 0-312-19903-1).
  • Kenny, Kevin. The Irish in America: A History, (Nova York: Person Education Ltd., 2000), p. 173
  • Miller, Kerby. Emigrants and Exiles: Ireland and the Irish Exodus to North America (Nova York: Oxford University Press, 1985), pp. 542–543